InicioPolíticaO PP vigués acusa ao goberno local de non executar 110 millóns...

O PP vigués acusa ao goberno local de non executar 110 millóns en 2020

O portavoz do grupo municipal popular, Alfonso Marnotes, lamentou que, a pesar dese baixo nivel de execución, os cidadáns tivesen que pagar "os impostos máis altos".

PUBLICADO O

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou este mércores que o goberno de Abel Caballero “deixou sen executar” 110 millóns de euros do orzamento de 2020, “o peor ano para os vigueses”, e lamentou que, a pesar dese baixo nivel de execución, os cidadáns tivesen que pagar “os impostos máis altos” e sectores como hostaleiros e comerciantes non tivesen axudas directas para afrontar as consecuencias da pandemia de COVID.

Parécenos vergoñoso que o alcalde non investise eses 110 millóns. Estamos ante o peor ano para Vigo, con peche de empresas, coa hostalaría e o comercio tentado sobrevivir e negándoselles axudas municipais, e agora atopámonos con que hai 110 millóns que o alcalde non quixo gastar por decisión propia”, criticou o portavoz do grupo, Alfonso Marnotes.

Segundo o edil ‘popular’ é “unha vergoña” que o alcalde “se ría dos vigueses”, aos que non axuda mentres ten máis de 100 millóns “na hucha”.

Ademais, lembrou que, ao rexedor socialista, “enchéuselle a boca” presumindo do “maior e mellor orzamento da historia de Vigo”, “cansouse de facer a ‘V’ da vitoria” e agora ponse de manifesto que executou “pouco máis da metade” dese orzamento.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...