InicioEconomíaPara a quenda de noite do mércores de PSA por problemas de...

Para a quenda de noite do mércores de PSA por problemas de subministración

Afecta a xornada nocturna dos dous sistemas de montaxe, e tamén ao taller de baterías, o que supón algo máis de 1.500 traballadores.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A planta viguesa de PSA (Stellantis) informou este martes ao comité de empresa de que parará a súa produción na quenda de noite do mércores, debido a problemas de subministración.

Esta parada afecta á xornada nocturna dos dous sistemas de montaxe, e tamén ao taller de baterías, o que supón algo máis de 1.500 traballadores.

A factoría viguesa xa tivo que paralizar a súa produción hai un par de semanas por desabastecemento ligado á escaseza de microchips. Esa parada supuxo deixar de fabricar uns 2.000 vehículos.

ÚLTIMAS

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...

Profesorado do IES Castelao de Vigo denuncian “censura” da Xunta nunha exposición sobre Begoña Caamaño

Un grupo de profesores do IES Castelao de Vigo, que resultou gañador do Concurso-Exposición...

A CIG convoca dúas novas xornadas de folga no comercio do metal de Pontevedra

A Confederación Intersindical Galega (CIG) informou de que decidiu promover dúas novas xornadas de...