InicioSucesosDetido un mozo de 16 anos por agredir á súa nai, á...

Detido un mozo de 16 anos por agredir á súa nai, á que xa maltratara con anterioridade

Segundo informaron fontes policiais, a intervención ocorreu na madrugada deste martes, cando un veciño da Avenida de Ramón Neto chamou ao 092 tras escoitar golpes, e berros dunha muller pedindo auxilio nun domicilio próximo.

PUBLICADO O

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un mozo de 16 anos de idade, como presunto autor dun delito de malos tratos no ámbito familiar por agredir á súa nai, e que xa conta con antecedentes por feitos similares.

Segundo informaron fontes policiais, a intervención ocorreu na madrugada deste martes, cando un veciño da Avenida de Ramón Neto chamou ao 092 tras escoitar golpes, e berros dunha muller pedindo auxilio nun domicilio próximo. Cando chegaron os axentes, entrevistáronse coa vítima, de 54 anos de idade, que relatou que mantivera unha forte discusión co seu fillo de 16 anos.

Segundo o seu testemuño, a rifa comezou cando ela lle pediu ao mozo que baixase o volume da televisión, que estaba moi alto, para non molestar aos veciños. O seu fillo, non só fixo caso omiso, senón que comezou a insultala, esixíndolle que saíse da habitación.

A muller recriminoulle a súa conduta, e o menor comezou a empuxala e zarandearla. Ante este comportamento agresivo, a nai tentou chamar á Policía, pero o seu fillo impediullo. Para evitar volver ser agredida, a muller refuxiouse no cuarto de baño.

O seu fillo reaccionou golpeando con violencia a porta de maneira que acabou rompendo o panel superior da mesma. O estrondo provocou que o veciño chamase ao 092.

A muller mostrou aos axentes tres denuncias anteriores que interpuxera contra o seu fillo, tamén por malos tratos, e os funcionarios procederon á detención do novo, por un novo episodio de violencia no ámbito familiar.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...