InicioCulturaA cultura viguesa volve á carga cunha presentación cargada de música

A cultura viguesa volve á carga cunha presentación cargada de música

Servirá para dar a coñecer a obra 'Ferreñas e Rock and Roll', unha visión sobre o papel da muller na música galega.

PUBLICADO O

O sector cultural vigués reactívase trala inactividade das últimas semanas e faino volvendo á carga cunha presentación editorial polifacética e cargada de música. Ferreñas e Rock and Roll é o nome do título escollido por Baía Edicións para botar a andar de novo o circuíto literario da cidade olívica, que albergará unha xornada na Libraría Cartabón o xoves día 11 de marzo ás 20.00 horas.

O establecemento da rúa Urzáiz contará, por suposto, coa presenza das autoras da obra: a ilustradora, investigadora e música Laura Romero, e da profesora e tradutora Iria Pedreira. Por riba, e para completar o cariz musical do acto, estará tamén a viguesa Pili Dios, baixista de Desvirgheitors, grupo nacido en 1986 en Vigo e considerado o pioneiro do punk en Galicia.

Ferreñas e Rock and Roll pódese entender como unha “evolución” do proxecto Músicas Galegas Ilustradas, creado en 2017 “sen máis pretensión que a de visibilizar o papel das mulleres no panorama musical galego actual”. Segundo explican dende Baía, Músicas Galegas Ilustradas foi medrando “ata converterse nunha extensa serie de retratos de músicas que aínda hoxe segue a expandirse”, todo para demostrar e retratar o importantre papel da muller no panorama musical galego.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...