InicioSociedadeUn ano de cárcere por gravar ao seu exmarido cun dispositivo oculto...

Un ano de cárcere por gravar ao seu exmarido cun dispositivo oculto nos zapatos do seu fillo

A pena foi reducida tras chegar a un acordo coa acusada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha veciña de Vigo acusada dun delito de descubrimento de segredos aceptou un ano de prisión e unha multa de 1.440 euros por introducir unha gravadora nas zapatillas que calzaba un dos seus fillos para gravar ao seu exmarido. O xuízo, previsto para este xoves no Xulgado do Penal número 1 de Vigo, non chegou a celebrarse ao resolverse mediante un acordo de conformidade entre as partes, polo que a acusada recoñeceu os feitos recolleitos pola Fiscalía no seu escrito de acusación.

De acordo co escrito do Ministerio Fiscal, o 12 de maio de 2019 a muller entregou aos seus fillos no Punto de Encontro Familiar de Vigo. Previamente, “guiada polo ánimo de invadir a esfera persoal e íntima da súa exmarido”, introduciu un dispositivo apto para gravar son nas zapatillas que calzaba un dos dous fillos menores que teñen en común, de dous anos de idade no momento dos feitos. Por mor diso, a muller gravou “ao pai sen a súa autorización nin coñecemento durante a visita que gozou cos fillos durante ese día”.

PENA DE PRISIÓN

Por estes feitos, o Ministerio Público considera á muller autora dun delito de descubrimento de segredos, polo que inicialmente pedía para ela 3 anos de prisión e 6.000 euros de multa. No entanto, a pena viuse reducida tras chegar a unha conformidade pola que acordou un ano de prisión e 12 meses de multa a razón de catro euros ao día. A xuíza acordou a suspensión da execución da pena de prisión a condición de que a muller non volva delinquir durante un período de dous anos.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...