InicioSociedadeO BNG pide un acordo entre Concello, Porto e Xunta para evitar...

O BNG pide un acordo entre Concello, Porto e Xunta para evitar a marcha do Marisquiño

Pola súa banda, o alcalde, Abel Caballero, afirmou nunha rolda de prensa este mércores que mantén "conversacións desde hai uns días" coa organización do evento e que esas "van en moi boa dirección".

PUBLICADO O

O BNG de Vigo demandou este mércores a Xunta e Concello que deixen de utilizar a celebración do festival O Marisquiño como “arma” de confrontación partidista, e reclamou que todas as partes, incluída a Autoridade Portuaria, “se xunten” para chegar a un acordo e evitar a marcha do certame, anunciada pola organización hai uns días.

O edil nacionalista vigués, Xabier Pérez Igrexas, reclamou ás administracións que busquen un acordo de cooperación a medio prazo para garantir a continuidade do Marisquiño polo menos por catro anos e lembrou que este festival é o “principal evento internacional que se celebra na cidade”.

Por iso, fixo un “chamamento á responsabilidade” e esixiu que deixen de “xogar” co certame, porque “é o momento de que todo o mundo arrime o ombro”, e non de “poxas nin reproches”.

“Temos que despregar as luces longas cun festival de éxito e consolidado. Non podemos colocar a organización do Marisquiño cada ano na incerteza de se contarán con apoio institucional suficiente ou non”, advertiu.

Pola súa banda, o alcalde, Abel Caballero, afirmou nunha rolda de prensa este mércores que mantén “conversacións desde hai uns días” coa organización do evento e que esas “van en moi boa dirección”. “Confío en poder darlles moi pronto boas noticias”, afirmou, aínda que sen proporcionar máis detalles.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...