InicioSociedadeO Goberno de Vigo ve "irrelevante" a nova achega da Xunta para...

O Goberno de Vigo ve “irrelevante” a nova achega da Xunta para O Marisquiño e pídelle 500.00 euros

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Goberno de Vigo manifestou que o incremento da achega que a Xunta propuxo para o festival do Marisquiño “é irrelevante e insuficiente” e augurou que, ademais, vai incumprir ese compromiso.

Así o trasladou nun comunicado, despois de que a delegada territorial, Marta Fernández-Tapias, comunicase que o Goberno autonómico está disposto a incrementar a súa achega ao festival, pasando de 120.000 a 200.000 euros, no caso de que reconsidere marcharse de Vigo; e pedise ao Concello e á Deputación que “rectifiquen” a súa decisión de recortar as súas axudas nun 70 %.

O Goberno vigués chamou á Administración autonómica a “que iguale a cantidade que achegaron Concello e Deputación de Pontevedra nas últimas edicións do certámen, unha cooperación que alcanzou os 500.000 euros, máis servizos como limpeza e seguridade, entre outros”.

A última vez que a Xunta se comprometeu a incrementar a súa colaboración co festival non o fixo, é dicir, volveu incumprir o seu compromiso, do mesmo xeito que o vai a facer agora”, mantivo, insistindo en que “mentres a Xunta obstaculiza, o Goberno local segue traballando para manter na cidade este evento deportivo”.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...