InicioCulturaA "Primavera das Letras" será inaugurada este martes en Vigo no...

A “Primavera das Letras” será inaugurada este martes en Vigo no colexio onde estudou Xela Arias

O proxecto está dirixido ao alumnado de infantil e primaria e ofrece unha serie de recursos lúdicos e didácticos sobre a vida e obra de Xela Arias, que estarán dispoñibles a través da web 'primaveradasletras.gal'.

PUBLICADO O

A Real Academia Galega inaugurará este martes a ‘Primavera das Letras’ dedicada á escritora Xela Arias, protagonista do 17 de Maio deste ano, no CEIP Sárdoma-Moledo, o centro de Vigo no que estudou a autora.

O acto, que arrincará ás 10,30 horas co descubrimento dunha placa de homenaxe á escritora, contará coa presenza do presidente da Academia, Víctor Freixanes, e da académica Fina Casalderrey, acompañados de familiares das propia Arias e da comunidade educativa do centro.

O proxecto está dirixido ao alumnado de infantil e primaria e ofrece unha serie de recursos lúdicos e didácticos sobre a vida e obra de Xela Arias, que estarán dispoñibles a través da web ‘primaveradasletras.gal’.

Esta nova edición súmase á oferta dixital da web institucional da RAG sobre a homenaxeada das Letras Galegas 2021, onde xa está plasmada a biografía asinada por Ana Romaní, entrevistas e unha galería de retratos de Arias realizados por Xulio Gil.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...