InicioEconomíaConclúe a electrificación da liña férrea Vigo-O Porto, unha "demanda histórica" do...

Conclúe a electrificación da liña férrea Vigo-O Porto, unha “demanda histórica” do Eixo Atlántico

Este fito complétase coa recente finalización da electrificación no tramo portugués entre Viana do Castelo e Valença do Minho.

PUBLICADO O

O Eixo Atlántico celebrou a conclusión da electrificación da liña férrea entre Vigo e Porto (Portugal), co fin das probas no tramo Guillarei-Tui, unha “demanda histórica” deste organismo e que acaba de ser confirmada por Adif, segundo trasladou o propio Eixo.

A partir de agora, a posta en servizo desa electrificación queda pendente da autorización da Axencia Estatal de Seguridade Ferroviaria. Ademais, este fito complétase coa recente finalización da electrificación no tramo portugués entre Viana do Castelo e Valença do Minho, que está en período de probas e porase en funcionamento previsiblemente no mes de abril.

No entanto, a pesar da “satisfacción” por este avance, o Eixo lembrou ao Goberno a necesidade de habilitar a saída sur, coa tramitación do tramo Vigo-O Porriño, “para poder ter tempos competitivos na conexión ferroviaria entre A Coruña e Lisboa”. “Para iso só é necesario licitar o estudo informativo previo, paso inicial obrigatorio para pór en marcha todo o proceso de construción do novo tramo ata a fronteira”, apuntaron fontes do organismo.

O secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, sinalou que os avances nesta conexión ferroviaria na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal “son un éxito para a cidadanía”, aínda que lamentou a “dilación” da administración española con respecto á saída sur de Vigo.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...