InicioSociedadeUnha de cada 300 persoas está contaxiada en Vigo, segundo os últimos...

Unha de cada 300 persoas está contaxiada en Vigo, segundo os últimos cribados

Das 35.455 que se someteron ás probas no que vai de mes foron diagnosticadas como positivas 106, case o 0'3%

PUBLICADO O

No que vai de mes de febreiro, a Xunta citou a participar nos cribados poboacionais da área de Vigo a un total de 56.534 persoas, das que participaron neles 35.455, o 62,7%, e permitiron diagnosticar a 106 positivos.

Ademais do cribado masivo á poboación do Concello de Vigo realizado no IFEVI -no que se convocou a 34.252 persoas, cunha participación do 61% e 24 casos positivos-, tamén se efectuaron neste mes cribados noutros concellos da área viguesa.

Neles foron citadas 22.282 persoas, participaron 14.485 (un 65%) e diagnosticáronse 82 casos positivos. En concreto, localizáronse 23 positivos do Porriño, cinco en Salceda de Caselas, tres nas Neves, 15 en Redondela, nove en Chapela, oito en Mondariz e catro en Mondariz Balneario.

Paralelamente, os cribados deste mes tamén diagnosticaron 1 positivo no CPI Mondariz e 14 no Politécnico de Vigo. No CPR Apóstolo Santiago de Vigo non se detectou ningún caso.

ÚLTIMAS

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

Sae o vehículo número 16 millóns de Stellantis, un Fiat E-Dobló 100% eléctrico

Stellantis Vigo produciu este martes o seu vehículo número 16 millóns desde que a...

Expertos analizan no Porriño o “difícil” camiño das vacinas pendentes

A Asociación Nacional de Informadores da Saúde (ANIS), en colaboración con Zendal, organizaron no...