InicioSociedadeO Concello reclama que o Celta xustifique as obras realizadas para remodelar...

O Concello reclama que o Celta xustifique as obras realizadas para remodelar Balaídos ou que pague 2 millóns

A administración municipal apuntou que Celta non presentou a xustificación das obras e do pago das mesmas, tal e como se recollía no convenio de 2015 e, de feito, en outubro do 2018, dirixiuse ao club para reclamar esa documentación, sen que se remitiu ao Concello.

PUBLICADO O

A xunta de goberno local do Concello de Vigo rexeitou a solicitude do Real Club Celta de revisar, por causa de nulidade, o convenio subscrito para que a entidade deportiva colaborase con 2 millóns de euros na reforma do estadio de Balaídos, e dirixirase ao club para reclamarlle que xustifique os gastos e obras realizados con cargo a eses 2 millóns de euros ou, pola contra, deberá pagar esa cantidade íntegra á administración municipal.

En xullo do ano pasado, o Real Club Celta dirixiuse ao Concello para solicitar a revisión de oficio do convenio subscrito en xaneiro do 2015, mediante o cal a entidade deportiva ofrecía a súa colaboración para sufragar, ata un máximo de 2 millóns de euros, os estudos, proxectos, obras e demais actuacións complementarias necesarias para executar o plan director de remodelación do estadio.

Segundo a entidade celeste, o Concello incumpriu dito convenio, xa que, entre outras cuestións, non finalizou as obras de remodelación en 2017. Ademais, argumenta que os convenios non poden ter por obxecto prestacións propias dos contratos e, por tanto, a reforma de Balaídos “non podía ser obxecto dun convenio”.

Con todo, os servizos xurídicos municipais rexeitaron esta pretensión “por carencia manifesta de fundamento”, e apuntaron que o convenio asinado co Celta non ten carácter de contrato oneroso. Así mesmo, sinalan que, en base a ese convenio, o Concello “non estaba obrigado a acabar no ano 2017 as obras comprendidas no plan director”.

INCUMPRIMENTO DO CELTA

Por outra banda, o Concello lembra que as obras que o Celta debía realizar con cargo a eses 2 millóns de euros contemplados no convenio eran, entre outras, reparacións na bancada de Tribuna, actuación na bancada de preferencia ou a redacción do proxecto da segunda fase de Tribuna e cuberta. O club alega que os traballos foron executados en prazo.

Con todo, a administración municipal apuntou que Celta non presentou a xustificación das obras e do pago das mesmas, tal e como se recollía no convenio de 2015 e, de feito, en outubro do 2018, dirixiuse ao club para reclamar esa documentación, sen que se remitiu ao Concello.

Por todo iso, os servizos xurídicos conclúen que foi o club e non o Concello o que incumpriu o convenio, e a Xunta de Goberno aprobou requirir ao Celta para que presente eses xustificantes e para reclamar, no seu caso, o diñeiro que non se investiu (ata os 2 millóns de euros comprometidos). No caso de que a entidade deportiva non achegue esa documentación, deberá “satisfacer” ao Concello os 2 millóns de euros íntegros.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...