InicioSucesosUnha muller e a súa filla resultan feridas pola avaría dunha atracción...

Unha muller e a súa filla resultan feridas pola avaría dunha atracción das festas de Coia

PUBLICADO O

Dúas persoas resultaron feridas supostamente debido a un fallo no sistema eléctrico dunha atracción nas festas do barrio de Coia, na cidade de Vigo. Segundo informou o 112 Galicia, unha muller e a súa filla resultaron feridas o incidente rexistrado pasadas as 21:30 horas deste luns posiblemente por mor dunha avaría producida nunha atracción nas festas de Coia.

Foi un particular quen contactou co 112 Galicia para informar de dúas persoas feridas nunha atracción e de que un fallo no sistema eléctrico podía ser a causa das lesións. Ademais, solicitou a presenza dos axentes da Policía Local.

Após recibir a chamada do alertante, o 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento de Urxencias Sanitarias e solicitou tamén a colaboración da Policía Local. As mesmas fontes confirmaron que persoal sanitario trasladou ás dúas mulleres feridas o Hospital Povisa de Vigo.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...