InicioPolíticaPolémica pola alusión de Santalices ao pleno do Concello de Vigo

Polémica pola alusión de Santalices ao pleno do Concello de Vigo

O presidente do Parlamento de Galicia dirixiuse á deputada viguesa (e exconcelleira do concello olívico) Isaura Abelairas á que advertiu: "Xa lle dixen outra vez que hai que estar máis tranquila. Isto non é o pleno de Vigo".

PUBLICADO O

Unha alusión do presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices, ao pleno municipal de Vigo, durante a sesión plenaria deste mércores na Cámara autonómica, provocou as críticas do PSdeG, que esixiu “respectar á administración local”.

A intervención obxecto de polémica produciuse no momento no que Feijóo finalizaba a súa réplica ao secretario xeral do PSdeG e portavoz socialista, Gonzalo Caballero, durante a sesión de control do Parlamento. O presidente da Cámara, Miguel Santalices, emprazou á bancada socialista a gardar silencio e a non interromper a intervención.

En concreto, dirixiuse á deputada viguesa (e exconcelleira do concello olívico) Isaura Abelairas á que advertiu: “Xa lle dixen outra vez, que hai que estar máis tranquila. Isto non é o pleno de Vigo”.

Ante estas manifestacións, o líder dos socialistas galegos expresou o seu rexeitamento e instou ao presidente do Parlamento a “respectar á administración local”. “Eu respéctoa, se cadra máis que vostede”, replicou Santalices, que pediu un bo comportamento no Hemiciclo.

“MAMPORRERO DE FEIJÓO”

Pola súa banda, o secretario xeral da agrupación socialista de Vigo, Abel Losada, nunhas declaracións remitidas aos medios, tachou de “vergonzo” o ocorrido e denunciou que, “ante a crítica política”, o presidente do Parlamento “converteuse nun mamporrero de Feijóo”.

“Xa nos queda claro por que o fixeron presidente do Parlamento. Para que se convertese, nun acto de matonismo político, en defensor do goberno de Galicia desde a presidencia da Cámara”, sentenciou Losada, quen engadiu que o ocorrido “é absolutamente lamentable en termos de calidade democrática”.

ÚLTIMAS

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...

O BNG de Vigo pide ao Concello a mobilización de 200 millóns de remanentes ante a “ameaza” de bloqueo este ano

O BNG de Vigo urxiu ao goberno local de Vigo que mobilice uns 213...

Abel Caballero celebra a chegada da moi alta tensión eléctrica á cidade: “É o que Stellantis e a cidade quería”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este mércores o anuncio da aprobación no Consello...