InicioEconomía"Demoras eternas" no Ingreso Mínimo Vital: só se xestionaron 2.300 de máis...

“Demoras eternas” no Ingreso Mínimo Vital: só se xestionaron 2.300 de máis de 13.000

O BNG de Vigo advirte de que as axudas "non serven" se non hai medios para axilizalas e transparencia na tramitación.

PUBLICADO O

O BNG de Vigo denunciou este martes a lentitude e a “violencia burocrática” que sofren os demandantes do Ingreso Mínimo Vital (IMV), e advertiu de que as axudas “non serven” se non hai medios para axilizalas e transparencia na tramitación.

Nunha rolda de prensa, o concelleiro nacionalista Xabier Pérez Igrexas sinalou que a crise sanitaria da COVID agravou a situación de miles de familias na cidade e o Ingreso Mínimo Vital, que debería ser “unha ferramenta útil” para esas persoas, “non se está despregando coa suficiente eficacia”.

Segundo lembrou, ademais de que se trata dunha “axuda insuficiente para atender a actual emerxencia social”, “non serve” se non se despregan as medidas necesarias, como recursos técnicos e humanos para axilizar as solicitudes. A ese respecto, apuntou que, segundo os datos solicitados ata outubro do ano pasado, na provincia de Pontevedra había caso 13.200 solicitudes, das que aproximadamente a metade corresponderían á cidade de Vigo, e só se resolveron unhas 2.300.

De feito, salientou Xabier Pérez Igrexas, dos 2.500 perceptores da Risga en Vigo, só deixaron de cobrar esta axuda (suponse que porque pasaron a percibir o IMV) unhas 350 persoas. “É un verdadeiro desastre de xestión dunha axuda que é máis esencial que nunca”, lamentou.

Así mesmo, denunciou a “violencia burocrática” que sofren os solicitantes deste ingreso, polas “demoras case eternas” na tramitación, por que se dan resolucións “incorrectas” que recoñecen a axuda “en contía inferior” á que corresponde, ou porque “hai desestimacións que carecen de motivación”.

Por todo iso, o BNG de Vigo trasladará esta situación ao seu deputado no Congreso, Néstor Rego, para que presente as iniciativas parlamentarias pertinentes e reclame nas Cortes “máis transparencia” na tramitación do IMV e medidas “organizativas e normativas” para axilizar as axudas.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...