InicioEconomíaAbel Caballero pedirá reunirse con Reyes Maroto para "denunciar" que Feijóo está...

Abel Caballero pedirá reunirse con Reyes Maroto para “denunciar” que Feijóo está “a castigar” a hostalaría

Segundo Caballero, o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, "cre que non é politicamente rendible" axudar aos hostaleiros e comerciantes, en concreto aos de Vigo, "por iso os está castigando".

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns que pedirá unha reunión coa ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, e con representantes das Comunidades Autónomas, para “denunciar” que a Xunta de Galicia “non entrega o diñeiro que recibe de España e Europa” para axudas aos hostaleiros e comerciantes, aos que “está a castigar”.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico volveu a denunciar que a Xunta “ten que pagar aos hostaleiros o que lles debe” porque recibiu “centos de millóns” de fondos europeos a través do Goberno de España “e tenos gardados na caixa”.

Segundo Abel Caballero, o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, “cre que non é politicamente rendible” axudar aos hostaleiros e comerciantes, en concreto aos de Vigo, “por iso estaos castigando”.

“E voulle dicir á ministra o que está a pasar, o pésimo comportamento da Xunta”, proclamou o alcalde, quen sinalou que pedirá unha reunión con Reyes Maroto e con representantes das Comunidades Autonómas para que saiban que a Xunta “non entrega o diñeiro que recibe de España e de Europa”.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...