InicioSucesosUn sexaxenario ebrio co carné suspendido é denunciado por chocar contra un...

Un sexaxenario ebrio co carné suspendido é denunciado por chocar contra un poste en Vigo

Foron denunciados tamén outros dous homes, un por ter a ITV caducada e conducir baixo os efectos das drogas, e outro por conducir un ciclomotor eléctrico sen permiso de conducir nin seguro obrigatorio.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 67 anos ao que lle constaba unha suspensión temporal do carné de conducir e que, mentres se atopaba baixo os efectos do alcol, chocou contra un poste.

Segundo informou a Policía Local, os feitos ocorreron sobre as 16:30 horas do xoves 4 de febreiro cando o 112 informou de que un vehículo saírase da vía e chocara contra un poste, resultando ferido o condutor.

Os axentes desprazáronse ata o lugar e comprobaron que o home presentaba “claros síntomas” de atoparse baixo os efectos do consumo de bebidas alcohólicas. Así, na proba deu positivos de 0,42 e 0,40 mg/l de alcol por aire expirado.

SEN ITV NIN SEGURO OBRIGATORIO

Doutra banda, sobre as 16:00 horas do mesmo día unha unidade interceptou na rúa Isaac Peral a un vehículo que carecía de ITV e seguro obrigatorio. Os axentes decatáronse de que o condutor, de 50 anos, parecía estar baixo o efecto de alcol.

Ante estes feitos, realizáronlle a proba de alcoholemia e o test de drogas, dando positivo tanto no consumo de alcol como de anfetaminas, opiáceos e cocaína.

CONDUTOR SEN CARNÉ

A Policía Local tamén denunciou a outro home por un delito contra a seguridade viaria. Sobre as 8:00 horas do xoves, 4 de febreiro, unha patrulla que controlaba o tráfico entre as rúas Urzáiz e Gregorio Espiño deu o alto ao condutor dun ciclomotor eléctrico.

Os axentes comprobaron que o condutor, de 57 anos de idade e iniciais J.G.F., carecía do permiso de conducir pertinente e do seguro obrigatorio, polo que lle instruíron dilixencias por un delito contra a seguridade viaria.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...