InicioSociedadeA Oficina de Atención á Vítima de Vigo implanta un servizo de...

A Oficina de Atención á Vítima de Vigo implanta un servizo de cita previa

A implantación deste sistema enmárcase nas medidas postas en marcha na administración de xustiza para facer fronte á pandemia de COVID-19.

PUBLICADO O

A Oficina de Atención á Vítima e á Cidadanía de Vigo empezou a funcionar este mércores con cita previa a través de internet, segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Este novo sistema permite facilitar os trámites aos usuarios e evita que poidan reunirse varias persoas nas instalacións xudiciais, ademais de aforrarse os desprazamentos innecesarios. Así, os interesados poderán fixar as súas citas a través da páxina web www.xustiza.gal, e poderán reservar quenda para consulta co psicólogo e a traballadora social, así como para os servizos xerais que se prestan en horario de mañá.

Nese portal de internet poderanse descargar os modelos que hai que cumprimentar para realizar xestións relacionadas con procesos monitorios, solicitudes xerais (cambios de domicilio, achega de documentos a procedementos xudiciais, alegacións, acompañamento de escritos…), peticións de execución de sentenzas ou demandas de internamentos psiquiátricos.

Todos estes formularios deben entregarse debidamente cubertos, sen cita previa, na Oficina de Rexistro e Repartición dos xulgados de Vigo, en horario de 9,00 a 15,00 horas.

Por outra banda, as tramitacións de xustiza gratuíta deben realizarse a través do Colexio de Avogados de Vigo, e os certificados de antecedentes penais e delitos sexuais pódese solicitar de maneira telemática a través da web do Ministerio de Xustiza (ou presencialmente no rexistro de Facenda).

O sistema de atención mediante cita previa por internet xa está a funcionar tamén na Oficina de Atención á Vítima e ao Cidadán de Pontevedra, e estenderase ao resto de Oficinas de Galicia en próximos días. A implantación deste novo servizo, levada a cabo desde a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), enmárcase nas medidas postas en marcha na administración de xustiza para facer fronte á pandemia de COVID-19.

ÚLTIMAS

O BNG pide grupos e artistas locais en Castrelos, tamén como teloneiros, no canto do “autobombo” do alcalde

O grupo municipal do BNG en Vigo volveu a pedir un ano máis que o Concello...

O PP denuncia a Caballero o ocultamento “intencionado” da perda de fondos europeos para reformar o parque Camilo José Cela

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo denunciou este luns que o...

Ferido grave un home ao caer desde un tellado no que traballaba no porto pesqueiro do Berbés

Un home resultou ferido grave este luns ao precipitarse desde o tellado no que...

Detido por exhibicionismo un home que se facía tocamentos e se masturbaba na praia viguesa de Samil

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 42 anos de idade, A.D.,...