InicioSucesosDenunciado un condutor ebrio e coa ITV caducada que chocou contra un...

Denunciado un condutor ebrio e coa ITV caducada que chocou contra un poste en Vigo

Ademais, o condutor abrio desprazábase para reunirse con familiares non conviventes, polo que foi denunciado por non respectar as medidas preventivas ante o covid-19.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo denunciaron a un condutor de iniciais J.M.C.F. e 45 anos de idade, que chocou contra un poste e tratou de fuxir do lugar ao atoparse baixo os efectos do alcol e levar a ITV caducada.

Tal e como informou a Policía Local, os feitos ocorreron sobre as 18:20 do pasado domingo, 31 de xaneiro, cando se recibiu unha alerta por un accidente de circulación na rúa Núñez de Balboa.

Ao chegar ao lugar, os axentes comprobaron que o condutor presentaba claros síntomas de atoparse baixo os efectos de bebidas alcólicas. Ao facerlle a proba, o home arroxou positivos de 0,50 e 0,58 mg/l de alcol por aire expirado. Así mesmo, comprobouse que o vehículo non pasara a ITV.

Por todos estes motivos, o vehículo foi retirado ao depósito. Ademais, denunciouse administrativamente ao condutor polos feitos citados, así como por non respectar as medidas preventivas ante o covid-19, posto que se desprazaba para reunirse con familiares non conviventes.

AXUDA HUMANITARIA

Doutra banda, sobre as 17:30 horas do pasado sábado, 30 de xaneiro, a Policía Local recibiu un aviso porque un home se precipitou á auga xunto ao campo de fútbol Baltasar Pujales (Campo Municipal de Bouzas) e tiña dificultades para saír.

Unha vez no lugar, os efectivos policiais comprobaron que uns mozos axudaran a saír da auga ao home, de 57 anos de idade, quen explicou que, ao tentar recoller un balón que caera desde o campo de fútbol, tropezouse, caendo ao mar.

O home rexeitou recibir atención médica, aínda que, debido a que se trasladou en bicicleta ata o lugar, entregóuselle unha manta térmica e foi levado ao seu domicilio en vehículo patrulla para evitar que perdese máis temperatura.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...