InicioSucesosDetida unha veciña de Vigo por tentar acoitelar ao seu pai tras...

Detida unha veciña de Vigo por tentar acoitelar ao seu pai tras lanzarlle unha cafeteira

A moza, de 30 anos de idade, padece un trastorno.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron por un delito de violencia no ámbito familiar a unha moza de 30 anos de idade que tentou acoitelar ao seu pai á vez que lle ameazaba de morte. Segundo informou a Policía Local, os feitos ocorreron pasadas as 16:00 horas deste martes na rúa Cangas, onde unha muller informou as unidades policiais desprazadas de que o seu marido estaba a inmobilizar á filla de ambos os porque se atopaba fóra de si e tenatara agredilo.

Ao acceder á vivenda, os efectivos observaron a un home suxeitando a unha moza que se atopaba braceando moi alterada. Unha vez que foi controlada, o home, de 60 anos, indicou aos axentes que a súa filla ten un trastorno de personalidade polo que recibe tratamento, aínda que descoñecía se na actualidade segue con medicación.

O home engadiu que a moza mantén unha conduta agresiva cara aos seus pais e que lle teñen que esconder os coitelos, xa que en ocasións tentou acoitelarlles. De feito, segundo explicou, esa mesma tarde tras iniciarse unha discusión por unha cuestión menor, a moza foi a por un coitelo e tentou agredir con el ao seu pai mentres lle ameazaba de morte. Despois de que a moza tentase tirarlle unha cafeteira á cabeza, o home logrou desarmala e inmobilizala, momento en que chegaron os efectivos policiais.

Ata o lugar desprazouse unha ambulancia do 061, que non observou motivos para ingreso forzoso da moza no módulo de psiquiatría, tras o que se procedeu á súa detención pola suposta comisión dun delito de violencia no ámbito familiar.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...