Dous detidos por circular co carné caducado en Vigo

Un deles carecía de ITV en vigor.

Garda Civil de Tráfico / EP

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a dous homes, un veciño de Carballeda de Avia e outro de Vigo, por conducir pese perder a vixencia do permiso de conducir. Segundo informou a Policía Local, o primeiro home foi detido sobre as 16:30 horas deste domingo, cando unha unidade Sintra do corpo policial realizaba un control de tráfico no ámbito da seguridade viaria na avenida Castelao.

Os axentes deron o alto ao condutor, de iniciais M.D.S. e 52 anos de idade, e pescudaron que lle constaba unha suspensión temporal e perda de vixencia do carné de conducir. A maiores, contataron que tiña a ITV do vehículo caducada. Por iso instruíronlle dilixencias xudiciais por un delito contra a seguridade viaria.

No relativo ao segundo condutor, J.A.P., de 45 anos de idade, foi interceptado sobre as 18:40 horas do domingo na rúa Ramiro Pascual debido a que carecía de iluminación traseira. Tras realizar unha consulta á base telemática de tráfico, os axentes atoparon que perdera a vixencia do permiso de condución, motivo polo que lle instruíron as correspondentes dilixencias xudiciais por un delito contra a seguridade viaria.