InicioSucesosDetido un sexagenario en Vigo por vender droga no barrio da Doblada

Detido un sexagenario en Vigo por vender droga no barrio da Doblada

O home conta con numersos antecedentes.

PUBLICADO O

Axentes da Policía Nacional da comisaría de Vigo detiveron a un veciño da cidade, de 60 anos de idade, como presunto autor dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas. Segundo informaron fontes policiais, a investigación iniciouse tras terse coñecemento do paso toxicómanos nas inmediacións da rúa Estorniño, polo que se estableceu un dispositivo de vixilancia.

Así, a Policía comprobou que compradores de droga esperaban en diferentes puntos ata a chegada dun home, co que realizaban un rápido intercambio, antes de abandonar o lugar. Ademais, o suposto vendedor adoptaba medidas de seguridade para evitar ser detectado.

Os axentes despregaron un operativo para interceptar ao sospeitoso, que foi localizado na madrugada do martes, cando se atopaba cun ‘cliente’, e foi detido. Así mesmo, o cachealo, foille intervida certa cantidade de éxtase e ‘cristal’, así como diñeiro en efectivo. Unha vez trasladado a Comisaría, comprobouse que ten 6 antecedentes policiais. Tanto o arrestado como as dilixencias practicadas foron postos a disposición do xulgado de instrución de garda de Vigo.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...