InicioSucesosCollido en Vigo un condutor sen carné dúas veces en menos de...

Collido en Vigo un condutor sen carné dúas veces en menos de 24 horas

A Policía Local de Vigo denunciou tamén a un condutor que non tiña o seguro do vehículo contratado con ningunha compañia e que conducía baixo os efectos do alcol.

PUBLICADO O

A Policía Local de Vigo denunciou a un condutor que foi sorprendido circulando sen carné e ao que identificaron dúas veces en menos de 24 horas cometendo o mesmo delito contra a seguridade viaria.

Segundo informaron fontes policiais, a primeira intervención tivo lugar o pasado 15 de xaneiro a última hora da tarde, cando detectaron a un condutor que estacionaba na rúa Cachamuíña nunha praza para persoas discapacitadas e que, ao saír do vehículo, movíase “con total normalidade”.

Os axentes identificaron o condutor, R.V.D., de 39 anos e de Vigo, e comprobaron que tiña no seu coche unha tarxeta de estacionamento expedida para outra persoa, e que xa en anteriores ocasións fixera un uso fraudulento dese documento. Así mesmo, verificaron que lle constaba unha perda de vixencia do permiso de conducir.

Na mañá do día seguinte, cando non transcorreran nin 24 horas da intervención anterior, a Policía Local interceptou un turismo na Estrada de Valladares e, ao identificar o condutor, resultou ser o mesmo home sorprendido o anterior sen carné.

Nesa ocasión, e dada a conduta reincidente e “transgresora respecto da norma”, os axentes procederon á inmovilización do vehículo, que foi trasladado ao depósito municipal.

BAIXO OS EFECTOS DO ALCOL E SEN SEGURO

Por outra banda, a Policía Local de Vigo tamén denunciou a outro condutor, J.F.G.L., de 43 anos de idade, que foi sorprendido conducindo baixo os efectos do alcol e sen o seguro obrigatorio do vehículo.

Os feitos ocorreron na tarde do sábado, na Avenida da Florida, cando unha dotación do 092 que estaba a facer un control de tráfico interceptou un vehículo. Ao analizar os datos, os axentes comprobaron que non tiña contratado o seguro con ningunha compañía.

Así mesmo, someteron ao condutor a un test de alcoholemia, dado que presentaba signos de estar ebrio. A proba arroxou un resultado positivo de 1,47 e 1,44 mg/l, polo que foi denunciado por vía penal.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...