A comunidade educativa de Vigo suma outros 53 contaxios e pecha 12 aulas

O distrito de Vigo é o máis afectado por Covid só por detrás da Coruña.

Limpeza e desinfección en colexios / Europa Press.

A comunidade educativa do distrito sanitario de Vigo non deixa de sumar novos contaxios; e de feito, sitúase como a área máis afectada só por detrás da Coruña.

Segundo o último balance de datos presentado pola Xunta, Vigo acumula 347 casos activos ao longo dos seus colexios, o que implica un aumento de 53 contaxios respecto da xornada do venres. Ademais, 12 aulas tiveron que poñerse en corentena ao final desta semana.

Os colexios máis afectados son os centros CPR Santa María de Tui e CEIP Abelendo de Moaña, ao contabilizar 7 casos respectivamente.

GALICIA

A comunidade educativa galega suma outros 157 positivos en coronavirus que elevan o total de casos a 1.692, o que supón un novo máximo por cuarto día consecutivo no peche da primeira semana de clases despois das vacacións do Nadal.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here