A presenza de placas de xeo na calzada e nas beirarrúas de varias rúas de Vigo provocou numerosos incidentes á primeira hora da mañá, entre os que destacan tres saídas de vía de vehículos.
Segundo informou a Policía Local, á primeira hora da mañá dúas mulleres resultaron feridas leves en senllos accidentes, que tiveron lugar na Avenida de Clara Campoamor. En ambos os casos, as condutoras perderon o control das súas motos, e caeron á calzada, debido ás placas de xeo.
Así mesmo, rexistrouse outro accidente no que o condutor resultou ileso. Este sinistro tivo lugar tamén na Avenida Clara Campoamor, cando o condutor dun coche saíuse da vía por estar a calzada xeada. O turismo saltou a mediana e pasou á beira contrario da vía.
Por outra banda, a Policía Local de Vigo recibiu este mércores numerosos avisos pola presenza de placas de xeo en viarios de parroquias rurais, así como no propio centro urbano, como en Avenida de Hispanidade, en Avenida de Galicia, ou nas rúas Estrada e Palencia.
A situación do firme e das propias beirarrúas causou algúns problemas, como caídas de peóns nesas zonas, especialmente nunhas escaleiras en Avenida de Hispanidade, nas que hai moito tránsito de persoas porque están nas proximidades dun colexio.