InicioPolíticaCaballero pon en cuestión a legalidade da ampliación do Ifevi se se...

Caballero pon en cuestión a legalidade da ampliación do Ifevi se se inclúe o módulo de atletismo

O alcalde volveu a insistir en que a Xunta debe transferir ao Concello 5,5 millóns de euros para a reforma das pistas de atletismo de Balaídos

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestou este martes a súa “preocupación” por posibles problemas de legalidade na ampliación do Instituto Feiral da cidade, xa que a inclusión dun módulo de atletismo supón unha “modificación do proxecto” e un “cambio de uso”.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico volveu a criticar que a Xunta anunciase esa obra sen consultar co padroado do recinto feiral, e sinalou que, ao construír as instalacións para deportistas nesa ampliación, “pódese estar a incumprir a lei”.

Así, lembrou que a Xunta remitiu ao Concello e ao padroado un proxecto de ampliación do recinto, cunhas determinacións e usos concretos, pero “non se sabe se é o que se vai a executar”. “Temos preocupación de que se estea incumprindo a lei. Queremos comprobalo”, proclamou, e lembrou que, ao cambiar ese proxecto, podería porse mesmo “en risco” a expropiación levada a cabo pola administración municipal.

Finalmente, o alcalde volveu a insistir en que a Xunta debe transferir ao Concello 5,5 millóns de euros para a reforma das pistas de atletismo de Balaídos. “Pero non nolos queren enviar. Se o fixesen, empezariamos as obras de forma inmediata“, salientou.

ÚLTIMAS

Condenada a 2 anos e 4 meses de cárcere por estafa unha muller que cobraba fianzas de falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a...

Vigo rexistra as máximas choivas de España nunha semana na que os encoros galegos seguen ao 88%

A reserva dos encoros galegos mantense no 87,6%, cun total de 3.253 hectómetros cúbicos,...

O BNG pide grupos e artistas locais en Castrelos, tamén como teloneiros, no canto do “autobombo” do alcalde

O grupo municipal do BNG en Vigo volveu a pedir un ano máis que o Concello...

O PP denuncia a Caballero o ocultamento “intencionado” da perda de fondos europeos para reformar o parque Camilo José Cela

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo denunciou este luns que o...