InicioPolíticaO BNG pide ao Goberno a conexión do porto de Vigo con...

O BNG pide ao Goberno a conexión do porto de Vigo con Plisan por ferrocarril en vez do “recheo” no lugar

O BNG cre que para conseguir que o porto continúe sendo "competitivo" non é necesario amplialo cara ao mar, senón que este obxectivo pode lograrse pondo en funcionamento o porto seco de Salvaterra-As Neves cunha liña de ferrocarril que os conecte.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG, a través do seu deputado no Congreso, Néstor Rego, demandou ao Goberno central que paralice o “recheo” do porto de Vigo e que substitúa esta actuación por unha conexión por ferrocarril co porto seco de Salvaterra-As Neves, coñecido como Plisan.

Nun comunicado, a formación frontista insta o Executivo central a suspender as obras de ampilación da dársena de Bouzas o porto da cidade olívica ata que a Autoridade Portuaria dispoña “dunha delimitación de espazos e usos aprobada de forma definitiva e firme”.

Rego criticou o proxecto do “recheo” do porto, que afecta “a unha superficie de 8.300 metros cadrados” a través da construción dun peirao con bloques prefabricados. O parlamentario lembra que o porto vigués carece dun documento de Delimitación de Espazos e Usos Portuarios (DEUP), xa que foi anulada por decisión xudicial.

Por iso, solicitou ao Goberno que aclare “en base a que criterios técnicos” autoriza a actuación no porto “cando non se dispón dunha DEUP que que substancie de maneira obxectiva as necesidades de espazo da Autoridade Portuaria de Vigo”.

“De feito, o proceso de elaboración dunha nova DEUP atópase na actualidade na súa fase de avaliación ambiental estratéxica, recibindo un número importante de alegacións de diferentes colectivos ambientais e sociais”, apuntou Rego, que puxo o acento en que a cidade de Vigo “xa gañou ao mar máis de 3 millóns de metros cadrados”.

Por todo iso, o BNG cre que para conseguir que o porto continúe sendo “competitivo” non é necesario amplialo cara ao mar, senón que este obxectivo pode lograrse pondo en funcionamento o porto seco de Salvaterra-As Neves cunha liña de ferrocarril que os conecte.

Así as cousas, o Bloque advirte do impacto ambiental dun proxecto nun “ecosistema privilexiado” como o da ría de Vigo, ademais dos “irreparables” efectos que acarrerá no plano visaul e paisaxístico, ademais de “romper” o deseño do arquitecto César Portela para o Auditorio Mar de Vigo, deseñado para permitir unha vista panorámica da ría viguesa.

ÚLTIMAS

Sanidade licita por 284.000 euros reactivos clave para transplantes no Hospital Meixoeiro

A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), publicou no...

O PP de Vigo esixe a auditoría das contas de Bembrive mentres o Goberno local cualifica as acusacións de “falsas”

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, esixiu ao rexedor, Abel Caballero, que...

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab para o lanzamento dun novo satélite

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab, que pretende...

Catro tartarugas mariñas, rescatadas e trasladadas á UCI de Nigrán tras aparecer debilitadas no litoral galego

Catro tartarugas mariñas foron trasladadas á UCI das instalacións da Coordinadora para o Estudo...