InicioSociedadeXunta e concellos defenden os seus medios para os senteito logo da...

Xunta e concellos defenden os seus medios para os senteito logo da morte en Vigo dun home que vivía na rúa

O falecido era un home de 47 anos nado en Senegal que, segundo informou o goberno local de Vigo nun comunicado, recibía habitualmente asistencia por parte dos servizos sociais municipais aínda que "sempre foi remiso" a eles.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta e os concellos de Vigo e Ferrol defenderon este sábado os recursos que teñen dispoñibles para o resgardo de persoas sintecho durante ondas de frío como a desta semana, despois de que este venres transcendese a morte dun home que vivía na rúa na cidade olívica.

En concreto, o falecido era un home de 47 anos nado en Senegal que, segundo informou o goberno local de Vigo nun comunicado, recibía habitualmente asistencia por parte dos servizos sociais municipais aínda que “sempre foi remiso” a eles.

Precisamente, un día despois de coñecerse este caso, a Xunta lembrou que existen máis de 300 prazas na rede de albergues da Comunidade galega para acoller a persoas sen fogar ante a onda de frío que afecta á Península Ibérica, con temperaturas que alcanzan valores negativos durante a noite.

Nun comunicado emitido este sábado, o Goberno autonómico sinalou que a maior parte destes centros contan con servizos de “restauración, aloxamento e orientación profesional, así como de aseo persoal, lavandaría e atención e acompañamento social”. Así mesmo, o Concello de Ferrol tamén informou da activación dun plan especial durante a madrugada do sábado para localizar a persoas que dormen na rúa.

En total foron atendidas cinco persoas, das cales, unha foi trasladada a unha pensión, outra a casa dun familiar e outro tres “rexeitaron o aloxamento”. No despregamento, que continuará na noite do domingo, participaron 12 efectivos da agrupación de voluntarios de Protección Civil.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...