InicioSucesosDetido cando o sorprenderon cando ía cometer un roubo con forza

Detido cando o sorprenderon cando ía cometer un roubo con forza

Realizáronlle un cacheo preventivo e de seguridade mediante o que localizaron unha bolsa plástica con marihuana no peto dereito da súa cazadora

PUBLICADO O

Un home de 39 anos de nacionalidade peruana, E.A.R.R., foi detido tras ser sorprendido mentres tentaba cometer un roubo con forza no baixo dunha vivenda de Vigo.

Fontes policiais detallaron que os feitos tiveron lugar sobre as 2,50 horas da madrugada deste xoves, cando un residente na rúa Peñasco escoitou varios golpes fortes na súa porta mentres se atopaba na cama. Despois de levantarse, asomouse ao balcón e observou como dúas persoas golpeaban a porta do baixo do seu domicilio.

Posteriormente, unha unidade de emerxencia desprazouse ao lugar, onde descubriu que o cristal do baixo estaba fracturado e realizou unha inspección visual desde o exterior mediante a que advertiu unha silueta acazapándose nas sombras.

Así, os axentes accederon ao interior, onde había un home ao que detiveron pola suposta comisión dun delito de roubo con forza en grao de tentativa.

Ademais, realizáronlle un cacheo preventivo e de seguridade mediante o que localizaron unha bolsa plástica con marihuana no peto dereito da súa cazadora. Por este motivo, foi denunciado e, adicionalmente, foi proposto para sanción por incumprir o toque de queda.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...