InicioMedio Ambiente e PatrimonioO Concello de Vigo tacha de "tomadura de pelo" o estudo da...

O Concello de Vigo tacha de “tomadura de pelo” o estudo da Xunta sobre os terreos do río Lagares

A responsable local de Urbanismo defende que o Concello dedica 140.000 euros a tarefas de limpeza e roza que "tería que asumir" o Goberno galego.

PUBLICADO O

O Concello de Vigo considera que a Xunta “segue tomándolle o pelo” á cidade despois do anuncio dun estudo sobre os terreos do río Lagares que “non responde, en absoluto, ás demandas” do goberno local desde “hai anos”.

Así replica o Consistorio vigués ao anuncio que facía este mesmo venres a Consellería de Infraestruturas, acerca da adxudicación por 18.000 euros da redacción dun informe sobre os terreos da zona de fluxo preferente na contorna do Rego do Folón, no cruzamento coa estrada de Camposancos, e na zona da intersección coa avenida de Severino Cobas.

Deste xeito, a concelleira de Urbanismo de Vigo, María Xosé Caride, critica que este estudo xeotécnico correspóndese cuns proxectos “que non foron aprobados por ningún órgano autonómico, nin están incorporados en ningún plan da Xunta“.

“Un estudo irrelevante, despois de que non contempla as necesidades reais do río, como son a limpeza e a roza do mesmo, que tería que asumir a Administración autonómica”, engade a edila. Non en balde, a responsable local de Urbanismo defende que o Concello dedica 140.000 euros a esta tarefa que “tería que asumir” o Goberno galego.

“Con estes anuncios entendemos que a Xunta de Galicia segue tomándolle o pelo á cidade, coa complicidade da delegada da Xunta en Vigo (Marta Fernández-Tapias)”, lamenta o Consistorio.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...