InicioSociedadeA ponte de Nadal deixa 9 detidos por malos tratos en Vigo

A ponte de Nadal deixa 9 detidos por malos tratos en Vigo

Houbo un total de 18 detencións por diversos delitos.

PUBLICADO O

A Policía Nacional da Comisaría de Vigo detivo nos últimos días a 17 homes e unha muller como presuntos autores de diversos delitos, segundo informaron fontes policiais. Así, durante a ponte da festividade de Nadal, foron detidos 9 individuos como presuntos autoras de delitos de malos tratos; mentres outras dúas foron arrestadas por roubos con violencia.

A Policía tamén detivo a tres persoas sobre as que pesaban reclamacións xudiciais; ás que se suman os presuntos autores de: un delito de quebrantamento de condena, un roubo con forza, un delito de tráfico de drogas e outro de desobediencia e resistencia.

Entre os arrestados destaca un home que entrou nun local de hostalaría de Teis, forzando portas e xanelas, e que foi pillado ‘in fraganti’ polos axentes cando saía do establecemento cunha carretilla cargada cos obxectos subtraídos. A este detido cónstanlle 32 antecedentes policiais, case todos por roubo.

Por outra banda, a persoa detida por quebrantamento de condena foi un home que tiña unha orde de afastamento do seu expareja e que foi sorprendido circulando nun coche con esa muller e o seu fillo. Segundo explicaron aos axentes, estaban no mesmo coche porque ían de Ourense a Vigo, a facer compras do Nadal a un centro comercial.

TRÁFICO DE DROGAS E DESOBEDIENCIA

Segundo explicaron fontes policiais, a persoa detida por tráfico de drogas foi un home ao que sorprenderon viaxando en taxi ás 5,30 horas da madrugada, saltándose o toque de queda. Ao ser interceptado e rexistrado, os axentes atopáronlle certa cantidade de sustancias estupefacientes.

Finalmente, con respecto ao detido por desobediencia, trátase dun home que se presentou na noite de sábado en casa da súa parella en estado moi alterado. Como a súa parella non lle abría a porta comezou a dar golpes e a chamar a todos os timbres do edificio.

Ao presentarse no lugar os axentes, o home negouse a identificarse, e ameazou de morte aos funcionarios, aos que tentou agredir, polo que foi arrestado.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...