Buscan a un veciño de Vigo de 34 anos desaparecido desde o 20 de decembro

José David Caeiro Vázquez, desaparecido o 20 de decembro de 2020 en Vigo. SOS DESAPARECIDOS

Este sábado continúa a procura dun home de 36 anos veciño de Vigo que permanece desaparecido desde o pasado domingo 20 de decembro, segundo informa SOS Desaparecidos.

Os achegados de José David Caeiro solicitan axuda para dar co seu paradoiro tras case unha semana desde a última vez que foi visto. Segundo a descrición achegada, o desaparecido mide 1,73 metros, pesa 67 quilos e ten o pelo curto, liso e de cor castaña. É de complexión delgada e ten os ollos marróns.