InicioEconomíaA Xunta remite ao Concello de Vigo o proxecto de urbanización da...

A Xunta remite ao Concello de Vigo o proxecto de urbanización da área de usos complementarios da ETEA

O plan sectorial ordena e detalla o ámbito, co principio básico de manter a estrutura urbanística das instalacións.

PUBLICADO O

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda confirmou este venres o envío do proxecto de urbanización do Plan Sectorial PS-6 da ETEA (antiga Escola de Transmisións e Electrónica da Armada), ao Concello de Vigo, para o trámite de audiencia, que ten un prazo de 15 días.

Trátase da urbanización da área de usos complementarios e, unha vez pasado o prazo de audiencia, a consellería procederá á aprobación do proxecto, o que permitirá tramitar o inicio das obras.

A actuación prevé a execución de demolicións e movemento de terras, construción de varios muros para conter terras acordes coas novas plataformas aterrazadas, comunicación, definición de redes (abastecemento, rega, electricidade, iluminación, telecomunicacións e gas), saneamento, pavimentación, instalación de cartelaría, sinalización, xardinaría e equipamento urbano.

O ámbito PS-6, en cuxa urbanización se investirán máis de 3 millóns de euros, esténdese na superficie comprendida entre a avenida principal cara ao leste; o muro que circunda o antigo edificio de Enfermaría, o edificio de aulas e o cuartel José Luís Díez cara ao oeste; o edificio Morse cara ao norte: e o muro que circunda o cuartel Méndez Núñez cara ao sur.

O plan sectorial ordena e detalla o ámbito, co principio básico de manter a estrutura urbanística das instalacións, para a localización de usos complementarios do científico-tecnolóxicos, como poden ser os usos culturais, dotacionais, deportivos, de xestión e innovación empresarial e terciarios complementarios.

Así mesmo, tamén se prevé a construción dunha nova residencia de maiores, no espazo que ocupa o cuartel Méndez Núñez, nun proxecto no que colaborarán a Xunta e a Fundación Amancio Ortega. O centro xeriátrico contará cun investimento de 15 millóns de euros e terá 150 prazas públicas.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...