InicioPolíticaO BNG de Vigo urxe unha "rectificación" do goberno local para axudar...

O BNG de Vigo urxe unha “rectificación” do goberno local para axudar aos hostaleiros

Os nacionalistas lamentan a ausencia de axudas por parte da administración central, e criticou que os fondos comprometidos pola Xunta foron "convocados tarde", e estanse tramitando "con lentitude".

PUBLICADO O

O BNG de Vigo urxiu este xoves unha “rectificación” do goberno local, ao que instou a implementar axudas directas para os hostaleiros, que están nun “momento crítico” e con “risco de desaparecer” para moitos negocios.

Así o manifestaron o concelleiro nacionalista, Xabier Pérez Iglesias, e a deputada no Parlamento galego, Carmela González, tras manter un encontro con hostaleiros do Casco Vello de Vigo.

O edil do BNG criticou a “deliberada inacción” das administracións ante a situación deste sector e, tras denunciar que a Xunta “ten absolutamente abandonada” á hostalaría, e que tampouco chegan axudas do Goberno central, expresou tamén a súa “preocupación” pola “actitude” do goberno local e do alcalde, Abel Caballero.

Pérez Iglesias lembrou que o goberno aprobou en solitario unha modificación de crédito para o uso de 33 millóns de euros de remanentes e incidiu en que, “no canto de enterralos só en obra pública“, deberían destinarse polo menos 10 millóns para axudas directas a comerciantes e hostaleiros, e outros dous millóns para campañas de apoio e promoción.

O concelleiro remarcou que “non é aceptable” que a única resposta que o alcalde dá aos hostaleiros sexa “que a el non lle toca”. “Non é un problema de competencias, senón de vontade política“, afirmou, e censurou que Vigo é “a única das cidades de Galicia que se nega a dar axudas directas” á hostalaría, mentres que si contempla, por exemplo, achegar 2,7 millóns para promoción turística destinados a aerolíneas.

Pola súa banda, a deputada Carmela González, recalcou que “non é xusto” que a hostalaría pague as consecuencias das medidas adoptadas para loitar contra a pandemia, e pediu que “todas as administracións estean á altura” para responder con medidas de apoio adecuadas.

A ese respecto, lamentou a ausencia de axudas por parte da administración central, e criticou que os fondos comprometidos pola Xunta foron “convocados tarde”, e estanse tramitando “con lentitude”. Ademais, esas axudas “non chegan a todos”, e “a letra pequena” está a deixar a moitos hostaleiros “fóra”.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...