InicioSociedadeA área viguesa contén 1 de cada 4 casos de covid rexistrados...

A área viguesa contén 1 de cada 4 casos de covid rexistrados dende o mércores

Vigo segue a ser a área con máis casos activos: 1.308.

PUBLICADO O

Galicia detectou nas últimas 24 horas un total de 357 novos casos de covid-19 nunha xornada na que se practicaron 8.579 probas PCR (447 menos que o día anterior) que desprenderon unha taxa de positividad do 4,8%. Así, o volume de casos descubertos baixa lixeiramente en 23 respecto ao mércores, do mesmo xeito que tamén baixan timidamente (en dous) o número de pacientes ingresados: son agora 352, 52 en UCI (un menos).

Así se desprende da actualización dos datos da pandemia que publica na mañá deste xoves a Consellería de Sanidade na súa páxina web con datos solicitados ata as 18,00 horas do mércores. Deste xeito, o número de hospitalizados sitúase en 352, dous menos que no balance previo. Estes repártense nos 302 que están en unidades convencionais e os 52 que se atopan en críticos –dous menos que o día anterior–. A Coruña e Pontevedra son as únicas áreas nas que soben os hospitalizados nesta xornada.

Por tanto, A Coruña continúa como o distrito sanitario con maior número de hospitalizados por covid-19 con 81, cinco máis que 24 horas antes. Deles, 12 están en UCI –uno menos–. Pola súa banda, a área de Santiago-Barbanza encadea dous días de baixada nos ingresados ao baixar en tres, co que a cifra global queda en 68 hospitalizados, seis en críticos –un menos–. Vigo mantén a súa tendencia á baixa e ten agora 58 hospitalizados –dous menos– con 13 deles en UCI –sen cambios–.

Xunto coa área coruñesa, a de Pontevedra é a outra que presenta un incremento no volume de hospitalizados, aínda que este é mínimo. Hai agora nos hospitais do distrito 53 pacientes covid, un máis que o día anterior e que corresponden ás unidades de críticos, que acollen a nove persoas.

No resto de áreas sanitarias galegas baixan os ingresados salvo en Ourense, que se mantén nos 37 hospitalizados aínda que cun descenso na UCI, que teñen agora un só paciente. En Lugo descenden nun os hospitalizados –23, cinco en UCI (un menos)– e en Ferrol, en dous –son 32, catro en UCI (sen cambios–.

CAEN OS POSITIVOS

En canto ao balance na detección de casos, Galicia suma nos datos deste xoves 357 novos positivos por covid-19, o que supón unha caída de 23 respecto ao día anterior. Como é habitual ao longo das últimas xornadas, Vigo e Santiago achegan a maioría dos novos casos detectados na comunidade. Así, estas dúas áreas suman 183 dos 357 positivos do día.

E é que ambas presentan cifras similares, tamén na evolución, pois tanto en Vigo como en Santiago baixan os casos detectados en comparación con 24 horas antes. Foron 92 no caso de Vigo –24 menos– e 91 en Santiago –10 menos–. No resto, aumentan na Coruña –53, 13 máis–, en Ourense –42, 12 máis– e en Pontevedra –49, 20 máis–; mentres baixan en Ferrol –15, 19 menos– e en Lugo –tamén 15, 19 menos–.

TAXA DE POSITIVIDADE

Ademais, a web de Sanidade recolle que levaron a cabo nas últimas 24 horas un total de 8.579 probas PCR, 447 menos que o día anterior. Desde o inicio da pandemia practicáronse en Galicia 1.016.839 test PCR. Pola súa banda, a taxa de positividade das probas sitúase no 4,6%, dúas décimas menor que o día previo, polo que Galicia mantense por baixo do limiar que establece a Organización Mundial da Saúde para dar por controlada a pandemia.

Con este, a Comunidade galega encadea seis días por baixo deste baremo que, no entanto, foi pasado en tres áreas sanitarias: A Coruña (5,8%), Pontevedra (9,9%) e Ourense (6,5%). O cinco restantes mantivéronse por baixo do 5%: Vigo (3,9%), Santiago (4,3%), Ferrol (3,1%) e Lugo (2,0%).

CASOS ACTIVOS

No que respecta aos casos activos en toda Galicia –a cifra total de persoas que están diagnosticadas de covid-19–, a Comunidade galega rompe a tendencia do tres últimos días e o número de pacientes descende en 17: son agora 5.618. No entanto, destaca a evolución negativa na área de Santiago, onde vulven a subir os casos activos ata os 1.100, 46 máis que o día anteiro. Tamén aumentan en Lugo (29 máis ata os 433) e en Ourense (458, 10 máis que 24 horas antes).

Por contra, baixan no resto de áreas, especialmente na de Vigo, que conta con 35 menos que o día anterior, aínda que se mantén como o distrito sanitario con maior volume de casos activos con 1.308. Na Coruña son agora 899 (oito menos), en Pontevedra, 856 (13 menos); e en Ferrol, 555 (15 menos).

CURADOS E FALECIDOS

Sanidade tamén recolle na web de datos que desde o principio da pandemia diagnosticouse de covid-19 en Galicia a un total de 57.933 persoas, das que 50.933 curáronse. 378 nas últimas 24 horas.

Con todo, unha xornada máis as vítimas mortais da pandemia na Comunidade galega continúa en aumento e son xa 1.327 tras a morte de catro persoas nas últimas horas. Dous delas estaban vinculadas a residencias de maiores.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...