InicioEconomíaA UVigo reduce nun 5,3% o seu orzamento para 2021

A UVigo reduce nun 5,3% o seu orzamento para 2021

O vicerreitor de Economía asegura que a universidade incrementa terá os ingresos estruturais "máis altos da súa historia".

PUBLICADO O

A Universidade de Vigo (UVigo) reduciu o seu orzamento para 2021 nun 5,3% en relación ao ano anterior ata situarse en 184,64 millóns de euros, pero incrementará os seus ingresos estruturais.

Na última sesión do Claustro Universitario de 2020, o vicerreitor de Economía, José María Martín Moreno, presentou as Liñas básicas de actuación orzamentaria e indicou que as partidas para 2021 permanecen pendentes da aprobación por parte do consello de goberno e o consello social.

Moreno indicou que a redución do orzamento se debe a que en 2021 “non se alcanzarán tantos fondos como no exercicio precedente” nas convocatorias de infraestruturas de investigación e eficiencia enerxética, así como ao feito de que aínda non se asinase o convenio coa Xunta para o próximo ano. Así, o orzamento de ingresos diminúe en 10,3 millóns de euros respecto de 2020.

Ademais, apuntou que se está á espera de “novas partidas procedentes de fondos autonómicos, estatais e europeos para infraestruturas e programas de I+D+i”, o que podería permitir que as contas da UVigo para o próximo ano superen ás de 2020, cando se alcanzou cífraa marca de 195 millóns de euros.

Nesta liña, sinalou que “a demora na aprobación das contas estatais e autonómicas” e “a previsión da chegada de fondos europeos extraordinarios” para 2021 causan que “aínda non sexa posible traballar con cifras pechadas”. O vicerreitor insistiu en que, pese ao descenso do orzamento, a universidade contará en 2021 co orzamento estrutural máis alto da súa historia. Así, concretou que os ingresos estruturais, é dicir, o non afectados, ascenderán a 150,8 millóns de euros, 3 millóns de euros máis que o ano anterior.

ÚLTIMAS

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...

O BNG de Vigo pide ao Concello a mobilización de 200 millóns de remanentes ante a “ameaza” de bloqueo este ano

O BNG de Vigo urxiu ao goberno local de Vigo que mobilice uns 213...

Abel Caballero celebra a chegada da moi alta tensión eléctrica á cidade: “É o que Stellantis e a cidade quería”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este mércores o anuncio da aprobación no Consello...