O doutor Iván Sanz asumirá este mércores a Dirección de Procesos de Soporte da área sanitaria de Vigo tras resolverse a convocatoria oficial para a provisión do posto.
Así, o novo directivo substituirá á doutora Esther Casal, quecesó no cargo a petición propia, segundo detallou este martes a xerencia da área sanitaria de Vigo.
Iván Sanz Falque, nacido en Vigo, licenciouse en Medicina e Cirurxía pola Universidade Rovira i Virgili de Tarragona e é un facultativo especialista en Radiodiagnóstico. Así mesmo, realizou diversos cursos e un máster relacionados coa administración e dirección sanitaria.
Durante o últimos tres anos, o doutor Iván Sanz exerceu como xerente do distrito sanitario de Monforte de Lemos da área de Lugo, onde foi coordinador do servizo de Admisión con anterioridade.