InicioEconomíaA Factoría PSA-Citröen presume do seu Peugeot e-2008

A Factoría PSA-Citröen presume do seu Peugeot e-2008

Os novos Peugeot e-2008 posúe a plataforma multienerxía CMP que permite unha autonomía de 310 quilómetros e 'cero emisións'.

PUBLICADO O

O 14% dos Peugeot e-2008 fabricados na planta do Grupo PSA de Vigo posúe unha mecánica 100% eléctrica, que dispón de 310 quilómetros de autonomía ‘cero emisións’, 136 cabalos de potencia e 434 litros de maleteiro.

“A finais de 2019, o Centro de Vigo abría unha nova etapa na súa longa experiencia na fabricación de vehículos electrificados co lanzamento da produción do Peugeot e-2008, un todocamino co que a planta se estreaba coa plataforma multienerxía CMP. Pasou pouco máis dun ano deste fito e o Peugeot e-2008 representa xa un 14% da produción total do modelo”, subliñou o director da planta galega, Ignacio Bo.

Neste sentido, Bo destacou o “éxito” desta variante e das instalacións do grupo, que poden adaptarse á demanda de coches ‘cero emisións’ grazas á flexibilidade das plataformas multienerxía.

“Hoxe, un de cada sete novos Peugeot e-2008, que se fabrican en exclusiva mundial en Vigo, pertence a esta variante eléctrica, unha cifra que está destinada a crecer. España non se pode quedar atrás nesta revolución eléctrica. Ademais do Plan Moves II, hai que investir en puntos de carga e infraestrutura para este tipo de vehículos”, declarou o director xeral de Peugeot para España e Portugal, Joao Mendes.

Con 4,60 metros de lonxitude, 2,60 metros de distancia entre eixos e 434 litros de maleteiro, o Peugeot e-2008 é “toda unha referencia en materia de espazo interior” no seu segmento. Con 310 quilómetros de autonomía, pode circular fóra da contorna urbana.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...