Un xulgado de Vigo exime ás aeroliñas de pagar compensacións polas cancelacións de Peinador en 2018

Calcúlase que resultaron afectados case 20.000 pasaxeiros.

Peinador despegue avion
Na terminal de Peinador, un avión de Aireuropa despegando /Miguel Nuñez

Nova actualización no caso das cancelacións de Peinador, acaecidas en xuño de 2018 por causa dunha intensa néboa. Máis de dous anos despois do suceso, un xulgado de Vigo acaba de determinar que as liñas aéreas non terán que indemnizar os pasaxeiros que resultaran afectados polas numerosas cancelacións.

Neses días de 2018 as intensas brétemas impediron a saída de numerosos voos xa que o fenómeno meteorolóxico coincidiu coa desconexión do sistema que permite e aterraza e engalaxe automática dos avións. Este atópbase fóra de servizo porque se estaban realizando melloras nel.

A consecuencia desta circunstancia foi deixar sen actividade o aeroporto vigués durante varios días. En total, foron case 20.000 viaxeiros os que sufriron as consecuencias desta circunstancia, ante o cal moitos deles emprenderon accións legais para reclamar indemnizacións. A Xustiza entende, porén, que os problemas derivados das condicións climáticas son fenómenos que non poden ser atribuídos ás compañías aéreas.

A sentenza si determina, con todo, que as aeroliñas deberán aboar os gastos derivados destas cancelacións, é dicir, manutención e aloxamento dos pasaxeiros afectados.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here