InicioSociedadeDenunciado por circular a gran velociade e co carné caducado polo centro...

Denunciado por circular a gran velociade e co carné caducado polo centro de Vigo

Está acusado dun delito contra a seguridade viaria.

PUBLICADO O

Axentes da Policía Local de Vigo identificaron e denunciaron a un condutor, J.P.C., de 57 anos de idade de idade e natural das Palmas, que circulaba a gran velocidade e que carecía de permiso de conducir logo de que este perdera a súa vixencia.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar na mañá do pasado sábado, cando unha dotación do 092 que estaba a realizar labores de control do tráfico en Tomás Paredes observou a un turismo que circulaba a gran velocidade. A patrulla seguiu ao condutor, que realizou unha estraña manobra para, a continuación, pararse na zona interior da rúa Miño.

Os axentes identificaron o condutor e, ao verificar os seus datos, comprobaron que lle constaba unha perda de vixencia do permiso de conducir. Por iso, tramitaron denuncia por un suposto delito contra a seguridade viaria e inmobilizaron o vehículo, que foi trasladado ao depósito municipal. Por outra banda, a Policía Local tamén informou de dúas intervencións por senllos incendios, que se rexistraron o pasado luns en diferentes zonas da cidade.

Así, pola mañá declarouse un lume no interior dun colector subterráneo da Praza de Compostela, que foi sufocado grazas á intervención dun vehículo cisterna do servizo municipal de limpeza; xa pola tarde, unha dotación do 092 acudiu á Baixada á Estación tras recibir un aviso de que estaba a arder un coche.

Unha vez no lugar, os axentes comprobaron que o lume se atopaba nos baixos do motor do vehículo e apagárono co extintor do coche patrulla. Os dous ocupantes do coche sinistrado, unha moza de 22 anos e o seu acompañante, da mesma idade, resultaron ilesos.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...