InicioSociedade"Miña nai chegou a pasar 4 días coa mesma roupa": a dura...

“Miña nai chegou a pasar 4 días coa mesma roupa”: a dura denuncia contra o centro vigués Ballesol

Denuncian roubos, suciedade e malnutrición na Ballesol de Vigo: "cando recollín a miña nai pesaba 14 kg menos."

PUBLICADO O

Nova denuncia pola situación das residencias galegas. Neste caso, o centro no punto de mira non é outro que a residencia Ballesol de Vigo. Unha tuiteira vén de relatar o “conto de bruxas” que viviu logo de deixar no centro en cuestión a súa nai, de 88 anos, durante tan só 5 meses.

Nun longo fío de Twitter, a muller encadena unha denuncia na que carga duramente contra o trato ofrecido á nai por parte dos profesionais da residencia. A muller, que di estar ponderando a posibilidade de interpoñer unha denuncia contra o centro, asegura que a anciá chegou a “pasar 4 días coa mesma roupa”, sufriu roubos e mesmo lle negaron comida; unha circunstancia que muller ve sorprendente sabendo que a tarifa da residencia chega a 1.400€ mensuais.

A residencia viguesa de Ballesol, pertencente á cadea do mesmo nome, foi escenario a comezos do pasado mes de novembro dun gromo de covid que xa se cobrou a vida dunha vítima. Polo momento, a residencia non emitiu comunicación algunha en resposta á cadea de tweets a continuación recollida, que se fixo viral en poucas horas.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...