InicioSucesosDetidos dous homes na Guarda tras roubar vinte veces nunha empresa de...

Detidos dous homes na Guarda tras roubar vinte veces nunha empresa de caldeiros

Nos seus roubos conseguiron acumular 2.000 quilos de recortes de aceiro e 1.500 litros de gasoil.

PUBLICADO O

Dúas persoas foron detidas na Guarda como presuntos responsables dunha vintena de roubos cometidos nunha empresa da localidade pontevedresa dedicada ao sector da caldedería.

Diso informou este xoves a Garda Civil de Pontevedra, que iniciou unha investigación tras a denuncia presentada polo propietario do negocio polos roubos que sufría dende o mes de setembro.

En total se levaron 2.000 quilos de recortes de aceiro inoxidable e depósitos que se almacenaban no interior dunha nave, á que accedían cun mando a distancia manipulado para abrir portas automáticas.

Realizadas as pescudas, os investigadores identificaron aos supostos autores dos roubos, que resultaron ser dous veciños da Guarda de 38 e 52 anos, respectivamente; e que contan un “amplo historial” de delitos contra o patrimonio e o tráfico de drogas.

Ademais, tamén se lles atribúe o roubo de case 1.500 litros de gasoil subtraídos do depósito que tiña a empresa e que manipulaban con outro dispositivo electrónico que lles outorgaba unha clave de acceso para desbloquear a máquina.

A Garda Civil recuperou parte dos efectos roubados nunha chatarrería da comarca do Val Miñor onde os detidos almacenaban 400 quilos en recortes de aceiro inoxidable.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...