InicioSociedadeDenuncian a "deficiente" desinfección de ambulancias no sur de Pontevedra

Denuncian a “deficiente” desinfección de ambulancias no sur de Pontevedra

"Non temos tempo de levar a cabo unha limpeza en profundidade, e agora ademais a empresa pretende que a fagamos na vía pública", criticaron desde a CIG.

PUBLICADO O

A Confederación Intersindical Galega (CIG) denunciou este mércores a “deficiente” e “mesmo nula” desinfección de ambulancias da concesionaria de transporte sanitario non urxente no sur da provincia de Pontevedra, Ambulancias do Atlántico, a pesar de confirmarse casos positivos de COVID en persoas que foron trasladadas neses vehículos.

O sindicato nacionalista sinalou que, a pesar de que “se acaban de confirmar catro casos” de pacientes de diáleses que eran transportados nesas ambulancias e que resultaron ter COVID, non se realiza unha adecuada desinfección dos vehículos. Ademais, os técnicos que participaron neses traslados “seguiron traballando”.

“Non temos tempo de levar a cabo unha limpeza en profundidade, e agora ademais a empresa pretende que a fagamos na vía pública”, criticaron desde a CIG.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...