InicioSociedadeAbel Caballero di que Vigo "está a frear a pandemia" pero pide...

Abel Caballero di que Vigo “está a frear a pandemia” pero pide “prudencia”

A Policía Local de Vigo identificou a 366 persoas e inspeccionou 544 vehículos durante o fin de semana.

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou este luns que a cidade está “a frear a pandemia” e conseguiu “dobrarlle o pulso” á COVID, aínda que incidiu en que hai que “manter a prudencia” e as medidas de prevención.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico recalcou que a incidencia do virus cada 100.000 habitantes nas últimas dúas semanas mantén unha “lixeira tendencia decrecente”, e apuntou que, segundo os últimos datos, esa incidencia é de 343,7 por cada 100.000 habitantes na cidade de Vigo (e de 355,6 na área sanitaria).

O alcalde volveu a reclamar un incremento no número de probas PCR e de rastrexadores, e lembrou que “hai que seguir tendo moita prudencia”. Respecto diso, lembrou que “haberá que seguir un tempo así”, pero que a “boa noticia” da pronta distribución de vacinas fai que se “empece a ver a luz no horizonte”.

Segundo a actualización de datos da pandemia realizada polo Sergas, na área sanitaria de Vigo hai 2.260 casos activos de COVID (60 menos que os notificados o domingo), e o número de persoas hospitalizadas é de 99 (dez máis que hai 24 horas), das que 25 están en Unidades de Coidados Intensivos.

Por outra banda, Abel Caballero informou de que, o pasado fin de semana, a Policía Local de Vigo identificou a 366 persoas e inspeccionou 544 vehículos. Os axentes tramitaron 43 propostas de sanción, na maior parte de casos a persoas que non levaban posta máscara ou que non respectaron o ‘toque de queda’.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...