InicioSociedadeO Cunqueiro incorpora unha nova técnica cirúrxica para tratar a neuralxia do...

O Cunqueiro incorpora unha nova técnica cirúrxica para tratar a neuralxia do nervio pudendo

Utilizouse xa en nove pacientes para liberar o nervio comprimido na pelve mediante técnicas minimamente invasivas.

PUBLICADO O

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo incorporou unha nova técnica laparoscópica para o tratamento cirúrxico da neuralxia do nervio pudendo. O Sergas precisou que se utilizou en nove pacientes para liberar o nervio comprimido na pelve mediante técnicas minimamente invasivas e que os resultados foron “moi satisfactorios”.

O xefe de sección da Unidade de Coloproctoloxía, Enrique Moncada, indicou que esta patoloxía se trataba desde hai anos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) mediante “cirurxía convencional que requiría de grandes cortes para a súa abordaxe”.

Mentres, apuntou que a nova técnica laparoscópica permite acceder á zona por vía abdominal “a través de pequenas incisiones na pel” e a introdución dos instrumentos precisos “para cortar o ligamento e descomprimir o nervio” mediante catéteres á vez que se visualiza o proceso. “Esta vía achéganos un mellor acceso a toda a estrutura vascular e nerviosa da área a tratar”, asegurou Enrique Moncada.

As cirurxías minimamente invasivas permiten diminuír a dor postoperatoria e o risco de infeccións e complicacións, o que reduce o período de ingreso hospitalario e a recuperación do paciente.

En concreto, o pudendo é un nervio sensitivo, motor e vexetativo da pelve que pode quedar comprimido ou punzado por diversas causas, o que pode causar unha síndrome de diversa sintomatoloxía, como dor e alteracións funcionais urinarias, defecatorias e sexuais. Ademais, o atrapamento do nervio pudendo pode provocar dor pélvica crónica nas mulleres.

O hospital vigués representa un centro pioneiro en dispor dunha unidade específica de Nervio Pudendo en Galicia e un dos poucos a nivel estatal que desenvolve esta nova técnica cirúrxica.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...