InicioSociedadeUn estudo secuencia o xenoma dos mexillóns e mostra a súa "arquitectura...

Un estudo secuencia o xenoma dos mexillóns e mostra a súa “arquitectura excepcional”

O CSIC e a UVigo atopáronse con variacións de ata o 20% no xenoma de distintos mexillóns.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un estudo levado a cabo por investigadores do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC e a Universidade de Vigo (UVigo) na última década mostrou variacións de ata o 20% no xenoma de distintos individuos de mexillón mediterráneo.

O proxecto contou coa colaboración das universidades italianas de Padua e Trieste, o Instituto de Bioloxía Evolutiva (CSIC-UPF) e o Centro Nacional de Análise Xenómica (CNAG-CRG) e permitiu secuenciar o xenoma completo da especie, segundo explicaron o CSIC e a UVigo. Este traballo foi publicado na revista ‘Genome Biology’, aínda que ‘Science’ tamén o abordou.

Ademais de mostrar que presentan máis do dobre de xenes que os seres humanos, a investigación facilitou a comprensión da gran capacidade de adaptación e resistencia á tensión deste “superorganismo mariño”.

O responsable do proxecto e investigador do CSIC, Antonio Figueras, detallou que tamén descubriu que o xenoma do mexillón é unha colección de todos os xenes da especie, un pangenoma, e que se atopa composto por “un conxunto central duns 45.000 xenes e outros 15.000 prescindibles”. Así, precisou que estes “están suxeitos a variacións de presenza ou ausencia”, polo que “poden faltar por completo nun individuo”.

XENOMA

Así mesmo, o catedrático da UVigo e coautor principal da investigación, David Posada, destacou que o traballo permitiu secuenciar o xenoma completo da especie e observar a súa “arquitectura excepcional”. “Que dous animais da mesma especie poidan ter un 20% do seu xenoma distinto é realmente inaudito”, recalcou. De feito, o investigador sinalou que estas variacións induciron a pensar que se trataba dun erro, tras o que se comprobou que os resultados eran correctos.

A este respecto, remarcou que este pangenoma se observou en bacterias con anterioridade, aínda que asegurou que se trata dun fenómeno novo en animais. Por iso, mediante unha análise das funcións dos xenes, deduciuse que representa unha estratexia evolutiva que permite que a especie se adapte a todo tipo de circunstancias.

O investigador da UVigo tamén apuntou que a secuenciación do xenoma permitirá desenvolver ferramentas “para protexer aos mexillóns de novos patógenos” ou “mellorar a súa produción”.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do...

PP e BNG de Vigo acusan que se impediu aos feirantes acdeder ao Concello e o goberno local négao

Os grupos municipais do PP e o BNG criticaron este xoves que se impediu...