InicioSucesosDetido un veciño de Vigo con 86 doses de cocaína e 1.000...

Detido un veciño de Vigo con 86 doses de cocaína e 1.000 euros en efectivo

Axentes de Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a un veciño da cidade olívica, de 36 anos de idade, como presunto autor dun delito contra a saúde pública, e ao que lle interviñeron 86 doses de cocaína e uns 1.000 euros en efectivo.

PUBLICADO O

Axentes de Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a un veciño da cidade olívica, de 36 anos de idade, como presunto autor dun delito contra a saúde pública, e ao que lle interviñeron 86 doses de cocaína e uns 1.000 euros en efectivo.

Segundo confirmaron fontes policiais, a investigación iniciouse por mor de varias denuncias cidadás sobre a posible existencia dun foco de venda de drogas na contorna de Isaac Peral e Canadelo Baixo.

Así, estableceuse un dispositivo de vixilancia e comprobouse a constante trasfega de toxicómanos, que esperaban ao vendedor de droga en varios puntos predeterminados. Este adoptaba medidas de seguridade e tiña especial coidado cando contactaba cos compradores e cando realizaba os intercambios, para eludir a acción da Policía.

Efectivos do 091 despregáronse pola zona para controlar os movementos do suposto traficante e, a pasada madrugada, localizaron ao sospeitoso cando chegaba á zona. Ao comprobar que non había ningún comprador, o mozo emprendeu a marcha cara a Isaac Peral.

Nese momento foi interceptado por dous axentes que, despois de identificalo, realizáronlle un cacheo preventivo de seguridade, e atopáronlle, nunha mochila, 86 doses de cocaína, unha importante cantidade de haxix, un mil euros en efectivo, e varios teléfonos de alta gama.

Logo de detelo e trasladalo a comisaría, comprobouse que tiña varios antecedentes policiais, algúns deles por tráfico de drogas. O arrestado e as dilixencias practicadas foron postos a disposición do Xulgado de Instrución número 4 de Vigo.

ÚLTIMAS

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

Vallejo Torres toma posesión como novo fiscal xefe de Vigo, co compromiso da protección “aos máis vulnerables”

Óscar Vladimir Vallejo Torres tomou este venres posesión do seu cargo como novo fiscal...

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...