InicioEconomíaO metal galego perdeu un 16 % do emprego no primeiro semestre...

O metal galego perdeu un 16 % do emprego no primeiro semestre pola crise da Covid

Asime apunta a unha recuperación a partir do segundo semestre de 2021 e pide cooperación para optar a fondos da UE

PUBLICADO O

O sector metalúrxico galego, que engloba actividades como a automoción, o naval, a aeronática ou as estruturas metálicas, pechou o primeiro semestre do ano con cifras “moi negativas” polo impacto da crise sanitaria do COVID-19, cunha perda do 16 por cento do emprego e unha caída do 22 por cento da facturación.

Así se recolle no balance semestral presentado este venres pola Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (Asime), no que se detalla que este sector chegou a metade do ano 2020 con 55.600 empregos e unha facturación de 5.300 millóns de euros.

A actividade do metal galego supón, en termos xerais, un 41 % das exportacións de Galicia e a actividade máis destacada é, dentro do propio sector, a construción de automóbiles (cun 70 por cento do total de exportacións da industria metalúrxica. A crise sanitaria reduciu tamén as cifras da balanza comercial do metal: unha caída do 12 por cento das exportacións e unha caída do 27 por cento das importacións.

AUTOMOCIÓN E NAVAL

Por actividades, a automoción (incluído tamén o transporte e o metal-mecánica) perdeu un 25 % dos empregos, e a súa facturación, de algo máis de 3.000 millóns de euros no primeiro semestre, esborrallouse un 30 por cento.

AERONÁUTICA E OUTRAS ACTIVIDADES

A aeronáutica galega tamén sufriu de forma notable na primeira metade do ano, cun descenso acusado da actividade das aerolíneas, e perdeu un 13 por cento do emprego (quedou con 1.087 traballadores) e un 14 por cento da facturación (ata os 67 millóns de euros). A súa actividade exportadora, con todo, disparouse e creceu un 121 por cento.

REFLEXIÓNS

Á vista destes datos, o secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, recoñeceu que o primeiro semestre foi “negativo ou moi negativo” para o sector, pero apuntou que a industria metalúrxica galega está capacitada para reactivar a súa fortaleza, e sinalou o horizonte da segunda metade de 2021 para a recuperación.

Mentres esa recuperación concrétase, apostou por manter a cooperación entre empresas e administración, pediu que se alonguen os préstamos ICO (e unha nova moratorio para o pago), reformar e mellorar os plans de formación e facer fronte común para optar ás axudas do fondo europeo de reconstrución económica.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...