InicioSociedadeOs colexios da área de Vigo alcanzan os 332 casos de Covid

Os colexios da área de Vigo alcanzan os 332 casos de Covid

O caso máis preocupante rexístrase no centro privado Apóstolo Santiago, que presenta un total de 13 positivos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O avance da COVID-19 en toda Galicia mantén tamén unha elevada incidencia nos centros. O sistema educativo galego superan os 1.200 contaxios e rexistra máis do 12,5 por cento do total de casos activos de coronavirus da comunidade autónoma.

Dos case 600 centros que presentan contaxios por COVID-19, ben por brotes nas instalacións ou derivados do exterior, a maioría deles sitúanse en zonas de influencia de Vigo e A Coruña (159 e 103, respectivamente).

Así pois, a área sanitaria de Vigo segue acentuando o ritmo de contaxios, con 332 e unhas 11 aulas pechadas. O caso máis preocupante rexístrase no centro privado Apóstolo Santiago, que presenta un total de 13 positivos. Tamén destaca o CPR Plurilingüe Lareira, de Mos, con nove positivos confirmados, o CPI A Cañiza e o San Salvador de Vigo, ambos con oito.

Máis información en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...