InicioEconomíaO Goberno autoriza ampliar o peirao pesqueiro de Vigo

O Goberno autoriza ampliar o peirao pesqueiro de Vigo

O proxecto permitirá gañar 8.300 m2 á beira da lonxa.

PUBLICADO O

A Dirección Xeral da Sustentabilidade da Costa e o Mar, dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica, deu luz verde ao proxecto de ampliación da explanada anexa ao porto pesqueiro de Vigo, o que permitirá gañar 8.300 metros cadrados á beira da lonxa.

Segundo comunicou a Autoridade Portuaria de Vigo, a obra foi adxudicada por case tres millóns de euros, e o período de execución é de 12 meses. O Porto de Vigo lembrou que a actual situación de pandemia obriga a tomar medidas para garantir a seguridade sanitaria do peixe e marisco, o que implica unha ampliación e adecuación das instalacións da lonxa. Así, defendeu o organismo, mellorarase a operativa de carga e descarga por vía terrestre.

A ampliación concretarase coa construción dun peirao con bloques prefabricados, o que obrigará a facer un dragado que permita a obra e o aumento de calado ata os 8,5 metros nalgunhas zonas, que se dedicarán a atracada. Esta actuación é o paso previo para acometer a ampliación da lonxa, “á vista das necesidades de espazo que existen actualmente, como consecuencia das restricións establecidas pola crise sanitaria“, explicou o Porto.

OUTRAS ACTUACIÓNS

Por outra banda, a Autoridade Portuaria de Vigo lembrou que prevé investir 8 millóns de euros nos próximos meses en diversas actuacións de mellora e modernización da lonxa pesqueira. Así, xa se instalou unha marquesiña e mellorouse a instalación de frío da lonxa; e estanse executando obras como a ampliación do departamento de usuarios (adxudicada por case un millón de euros), coa construción dunha zona acristalada en altura, con vistas á sala de poxas.

Tamén se adxudicou a mellora do peirao do porto pesqueiro, no que se acometerán traballos de limpeza, estabilización e reforzo do paramento do peirao mergullado. Finalmente, adxudicouse por máis de 2,6 millóns de euros a mellora da eficiencia enerxética da lonxa, para que funcione con enerxías renovables. Así mesmo, está a estudarse a instalación de sistemas de xeotermia na zona do Mercado.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...