A Xunta ordena o peche de toda a hostelaría nas cidades e en 53 concellos “pola saúde e pola economía”

A medida afecta a Vigo e os concellos de Nigrán, Mos, Gondomar, O Porriño, Redondela, Soutomaior, Cangas, Ponteareas e Tui

Contro á saída de Vigo / © Miguel Núñez.

Galicia anunciou que se amplían as restricións a 60 concellos galegos –nas que se inclúen as sete cidades e outros 53 municipios–, que supón un “60 por cento da poboación galega”, co confinamento perimetral deses municipios, o peche da hostalaría e a limitación do deporte á práctica individual.

A medida afecta a Vigo e os concellos de Nigrán, Mos, Gondomar, O Porriño, Redondela, Soutomaior, Cangas, Ponteareas e Tui

Así o anunciou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nunha comparecencia ante os medios para informar as medidas acordadas no comité clínico, que se volveu a reunir na mañá deste mércores despois de que na sesión da tarde noite deste martes decidise manter en vigor as restricións vixentes en Galicia para conter os contaxios por Covid-19, incluído o confinamento perimetral das sete grandes cidades.

Toca ampliar as restricións pola saúde e pola economía”, afirmou Feijóo, quen defendeu que “canto máis se tarde en acuar máis longa será a contención”. Segundo puntualizou entrarán en vigor este venres ás 15,00 horas e terán vixencia dun mes, pero avaliaranse “constantemente”.

Pola súa banda, o presidente da Xunta apelou á “axuda” de “todos” os cidadáns parasalvar a campaña de Nadale poder reabrir en decembro tras decretar o peche da hostalaría desde este venres, 6 de novembro, sector para o que avanzou que se aprobarán axudas este xoves no Consello.


Deste xeito, as cidades e zonas que terán maior restricións serán: A Coruña, xunto con Arteixo, Culleredo, Cambre e Oleiros; o concello de Lugo en solitario; Santiago con Ames, Boqueixón, Oroso, O Pino, Teo, Trazo, Val do Dubra e Vedra; Ferrol, con Ares, Fene, Neda, Narón e Mugardos; Ourense, con Amoeiro, Barbadás, Coles, O Pereiro de Aguiar, San Cibrao e Toén; Pontevedra, con Vilaboa, Ponte Caldelas, Poio, Marín, Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade e Soutomaior; e Vigo con Mos, Nigrán, Gondomar, O Porriño e Redondela.

Tamén terán as mesmas restricións os concellos con taxa acumulada a 14 días superior a 200 casos por 100.000 habitantes, e tendencia ascendente na notificación dos mesmos: Vimianzo, Monforte, Burela, Viveiro, O Carballiño, Verín, Xinzo, Cangas, A Estrada, Lalín, Silleda, Ponteareas, Tui, Cambados, O Grove, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa.

En todas estas zonas acometerase un peche perimetral e a mobilidade quedará limitada a dentro da “améndoa perimetral” que define o Executivo autonómico. En todo caso, estarán permitidos o 100% dos movementos para ir traballar, á escola, a atender coidados necesarios de menores e maiores, e todos os movementos sanitarios. E o comercio funcionará cos mesmos criterios do resto de Galicia.

Iso si, pechará a hostalaría, excepto o servizo a domicilio e para recollida que si se poderá ofrecer; a práctica deportiva quedará restrinxida a deporte individual –aínda que os ximnasios permanecerán abertos–; e reducirase o aforamento en establecementos culturais, que con esas limitacións poderán seguir funcionando —cinemas, teatros, auditorios, e outros recintos poderán ocupar o 50% de cada sala, cun límite de 30 persoas en interior e 75 en exterior–.

Haberá tamén restricións de mobilidade, é dicir, non se poderá entrar nin saír destas áreas, excepto por razóns laborais e actividades esenciais. O presidente subliñou que se aplicou “o modelo” do Carballiño, en cuxa zona se logrou reducir á metade a incidencia do virus en dúas semanas.

NOVAS MEDIDAS PARA TODA GALICIA

Ademais das restricións nestas zonas, o presidente da Xunta avanzou avanzou a implantación doutras medidas que afectarán a toda Galicia, por exemplo a limitación das saídas de usuarios fóra das residencias, preservando de momento as visitas dos familiares nas condicións de distancia e hixiene correspondentes. Fontes de Política Social aclararon a Europa Press que non se poderá efectuar ningunha saída.

Así mesmo e en consonancia coas últimas directrices estatais, aumentarán as limitacións de aforamento en grandes superficies comerciais de maneira que nas zonas comúns só poderá ocuparse un terzo do máximo –nos comercios, que seguirán abertos, continúa o aforamento do 50% como ata agora–.

“E en toda Galicia redúcese o aforamento no transporte público non escolar: o transporte urbano contará cun máximo do 50% dos asentos; e o transporte interurbano co 50%”, avanzou o presidente galego, antes de subliñar que o transporte escolar queda garantido, tendo en conta que os asentos están asignados desde principíoo de curso.

REUNIÓNS DE NON CONVIVIENTES E OUTROS PASOS

Na súa intervención, o presidente tamén esgrimiu que nos municipios galegos sobre os que non pesan restricións perimetrales poderán chegar a seis participantes non convivientes, unha persoa máis que ata agora, mentres que nas urbes da Comunidade e os 53 municipios pechados mantense a norma actual: só pódense reunir persoas que conviven baixo o mesmo teito.

Ademais, o presidente explicou que se está traballando nun texto para que as forzas e corpos de seguridade poidan ter claros os criterios en relación a ir á posibilidade de visitar “a un pai ou a unha nai que viven sós” sen que isto teña que ser sometido a “un criterio interpretativo”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here